Arquivo
Presentación do Campionato de Galicia Absoluto
Onte foi a presentación do Campionato de Galicia Absoluto, que terá lugar o sábado, nas Pistas Josefina Salgado de Monterrei (Ourense). O Vicepresidente da Deputación Rosendo Luís Fernández neste
acto eloxiou a competición que convertirase no foco do atletismo galego e nacional, xa que vai contar con figuras internacionais como Jean Marie Okutu, Belén Toimil, Frank Casañas, Lidia Parada ou
Solange Pereira. No acto estiveron presentes, tamén, o xefe do Servicio Provincial de Deportes, Mario Guede; o secretario da delegación da FGA, Ángel Fidalgo; o asesor de Deportes da Diputación,
Bernardino González; o delegado da FGA en Ourense, Manuel Blanco; e o vicerrector do campus de Ourense, Virxilio Rodríguez.
Foto: La Región
noticias