Os campións de España da categoría cadete, Santiago Represas do Club Atletismo Sada e Pedro Osorio do Club Ría Ferrol foron convocados pola Federación Española para acudir a concentración que se celebrará en Soria do 25 o 29 de xullo dentro do progama Nacional de Tecnificación Deportiva que centrase na detección, avaliación, selección e seguimento de novos talentos, Represas incluído na concentración de velocidade compite este fin de semana no Campionato Absoluto de Galicia, mentres Pedro Osorio foi chamado para a concentración de mediofondo. Na Circular da RFEA tamén consta como reserva na concentración de lanzamentos a realizar en Granada a atleta do AVA María del Mar Pérez no peso.
Fotos: La Voz de Galicia