Campionato do Mundo Xuvenil e Campionato de Europa Junior

Dous puntos de atención internacional para os nosos atletas nos próximos días. No Campionato do Mundo Xuvenil que se celebra en Cali ( Colombia) dende hoxe ata o domingo 19 de xullo, temos a participación entre os 44 seleccionados de catro atletas galegos, Adrian Ben nos 2000 obstáculos, Tariku Novales e Miguel González nos 3000 metros e Antia Chamosa nos 5 km marcha. Por outro lado, na cidade sueca de Eskilstuna disputarase do 16 o 19 de xullo, o Campionato de Europa Junior, no cal Carmela Cardama compite na proba dos 5000 metros onde posue o quinto mellor rexistro das atletas inscritas.

Compartir: