Campeonato de España Cadete: Santiago Represas e Pedro Osorio Ouro e Andrea Castro Bronce

Boa actuación dos atletas galegos no Campeonato de España Cadete. O bronce na proba de xavalina acadado por Andrea Castro da Atlética A Silva na primeira xornada hai que sumar os dous ouros conseguidos polo atleta do Club Atletismo Sada, Santiago Represas, quen despois de vencer con claridade nas eliminatorias e semifinais proclamase campeón de España nos 100 con un tempo de 11.16 que é novo record da categoría. Tamén Pedro Osorio do Ría Ferrol subia o mais alto do podium nos 1000 con un bo rexistro de 2.32.68. Nesa mesma proba Aziz Saidi (C.A. Negreira) e Arturo Ramos (Millaraio) eran 6º e 9º, respectivamente. Boa actuación tamén da marchadora Iria Rivas (Atletismo Cuntis), Saray Amoedo (Vila de Cangas) no triple, Eva Queimaño (AVA) e Uxía Pereira (Atlética Lucense) ámbalas dous co mesmo tempo e Sara López (Lucus) nos 3000, todas elas na quinta posición. Salientar, tamén, a outras compoñentes do AVA Olaia Becerril que foi séptima na proba de altura, Mar Pérez sexta no peso e Cristina Pérez octava no disco. Actuacción Galega

Compartir: