Campionato de España Cadete

As Pistas de atletismo Rio Esgueva de Valladolid acollen de novo un Campionato de Españao o vindeiro fin de semana, esta vez é a quenda dos atletas da categoría cadete. A representación galega consta de preto de 50 rapaces con aspiracións diferentes. En mellor posición para loitar polas medallas están Santiago Represas do Club Atletismo Sada nos 100 metros e Pedro Osorio nos 1000 metros, outros atletas que poden estar nos postos destacados son Olaia Becerril do AVA que compite no salto de lonxitude e salto de altura, Alexandre López de A Gandara na xavalina, Olmo Pruneri do Atletismo Noia no peso, Nicolas Garcia do San Narciso no disco, Sara López do Lucus nos 3000 metros e Iria Rivas e Noa Ramirez do Atletismo Cuntis nos 3 km marcha. Outros atletas buscarán o pase a final ou a mellora dos seus rexistros no evento máis importante da tempada. Destacar a ampla participación de atletas galegos nos 1.000 metros con Elián López, Arturo Ramos e Alonso Diego CA Millaraio, Diego Martínez e Ermias Fernández do Coruña ,Adrian Lage do Atletismo Friol, Azziz Saidi do Atletismo Negreira, Pedro Osorio do Ria Ferrol ,Elena Costas da Atlética Val Miñor, María Pérez do Comesaña e Sara López do Lucus. O Campionato celebrarase en xornada de mañá e tarde o 11 e 12 de Xullo.

Compartir: