Tariku Novales, Adrián Ben, Miguel González e Antía Chamosa ó Campeonato do Mundo Xuvenil

Tariku Novales do Atletismo Noia, Adrián Ben e Miguel González ámbolos dous do Lucus e Antía Chamosa do Comesaña seleccionados pola RFEA para participar no Campeonato do Mundo Xuvenil que se celebrará entre o 15 e o 19 de xullo na cidade colombiana de Cali. Tariku e Miguel participarán nos 3000 mentres que Adrián Ben estará nos 2000 obstáculos. A única representante femenina, Antía Chamosa, participará nos 5000 marcha. Dende a FGA queremos dar a noraboa ós catro atletas e ós seus adestradores!

Fotos: Voz de Galicia e Faro de Vigo

Compartir: