Mar Chillón e Martin Liste medallas no Campeonato de España Junior

O Campeonato de España Júnior que se está a celebrar en Valladolid empezou de forma inmellorable para os atletas galegos, a primeira hora Mar Chillón do Atletismo Vila de Cangas lograba a medalla de bronce nos 10000 marcha con novo record galego da categoría que estaba en poder de Eva María Iglesias dende o ano 2004, Mar logrou un rexistro de 49.59.49 na mesma proba Carmen Fuentes del Comesaña foi oitava con 52.35.35. En lanzamento de disco xa na xornada da tarde Martin Liste da Atletica A Silva con 52.50 proclamábase subcampión de España.
Nos 100 masculinos os dous homes do Club Riazor Coruña lograban pasar a semifinais Francisco Rodriguez con 11.21 e Javier García con 11.13, na seguinte rolda lograba con marca persoal clasificarse para a final este último cuns sensacionais 10.95, xa na final rozou o podio sendo cuarto con 11.02.
Destacamos a progresión nas probas de hoxe sábado do Decathlon de Dario Costas que vencía os 100 con 10.91 e o salto de altura con 1.90. O atleta do Coruña Comarca Anxo Blanco con 14.50 en triplo salto lograba un meritorio cuarto posto. Pasan con solvencia á final dos 200 Laura Chapela do Atletismo Femenino Celta, Eugenia Gil del Marineda Atlético nos 400, Claudia Rojo (Ría Ferrol) nos 400v así como Jorge Puig (SGP), Adrián Lago (Comesaña) e Ivo Maseda (Lugo Runnning) nos 1500 e Angela González (Comesaña), José G. Portero (Lugo Running), Ero Doce (Ría Ferrol) e José Mª Díaz (Lugo Running) nos 800. Actuaccion Galega

Compartir: