Fantástico o Meeting Ourense Termal con moitas marcas persoais e resultados de gran nivel. O mais destacado da xornada foi o record de 100 por parte do atleta do Coruña Comarca Denis Galán quen millorou nunha centésima o anterior de 10.55; nesa mesma final Javi Cancela (C.A. Narón), Adrián Pérez (Tenerife) e Mauro Triana (Coruña Comarca) pararon o crono en 10.63, 10.64 e 10.65 respectivamente o que mostra o nivel dos atletas galegos na velocidade. Mauro Triana correu tamén os 200 en 21.65. Salientar outros resultados como os 48.58 nos 400 de Kike Prego (Riazor Coruña), 1.55.15 nos 800 de Jorge Puig (SGP), 3.53.79 nos 1500 de Tariku Novales (Atletismo Noia), 20.03 en altura de David Barreira (A.D. Maratón), 4.80 en pértega de Santi Ferrer (SGP), 15.89 en peso de Victor Gallego (SGP) ou 15.89 en triplo de Palomanes (FCB) en homes. Nas mulleres fantásticos rexistros para Jenny Fernández (Atletismo Femenino Celta) nos 400 con 56.07, Leticia Fernández (Ría Ferrol) nos 1500 con 4.18.57, Claudia Rojo nos 400 valados con 1.00.61, Enma Valencia con 14.77 nos 100 valados, con Saleta Fernández (FCB) con 1.73 na altura ou os 14.91 de Belén Toimil (Playas Castellón) no peso.