II Xornada de Lanzamentos- XIV Trofeo Riazor Coruña nas pistas Inef de Bastiagueiro

O vindeiro venres 29 de Maio celebrarase no Inef de Bastiagueiro (Oleiros) a II Xornada do Control de Lanzamentos organizado polo Núcleo de Alto Rendemento de Lanzamentos de A Coruña. Paralelalmente, o Club Riazor organizará o XIV Trofeo Riazor Coruña disputándose un amplio programa de carreiras para as diferentes categorias e salto de lonxitude para os benxamíns, alevín e infantis. Despois da primeira xornada de control de lanzamentos, este trofeo permitirá retomar a actividade nas pistas do Inef recentemente homologadas.

A gran figura da competición será Manuel Uriz, en xavelina, onde tratará de superar o gran rexistro de 70,90 metros, logrado o pasado sábado dia 23 durante o encontro de Division del Honor do a Liga Nacional en Zaragoza
Inscritos lanzamentos Inscrito Trofeo Riazor

* A organización do Control de Lanzamentos confirma que serán aceptados todos os atletas inscritos é que por mor do elevado número de participantes as probas programaranse 30 minutos antes do horario establecido

Compartir: