Durante o transcurso da IV Xornada Deputación de Lugo o atleta do Lucus Caixa Rural Adrián Ben bateu o record de 2000 obstáculos con un tempo de 5.49.91 en posesión de Gonzalo Basconcelos dende o ano 2011. O viveirense, que xa dera mostras do seu gran estado de forma na semana anterior en A Coruña correndo a proba en solitario por debaixo de 5.55, contou nesta ocasión co seu compañeiro de club Miguel González quen con un tempo de 5.58.68 conseguiu tamén a mínima para o Campeonato do Mundo Xuvenil.
Foto: Antón Gómez