Reunión de Isidoro Hornillos e Francisco Villanueva, presidente e secretario da UFEDEGA co Secretario Xeral para o Deporte

Esta mañá, Isidoro Hornillos e Francisco Villanueva, presidente e secretario da UFEDEGA, reuníronse en Santiago con José Ramón Lete, secretario xeral para o deporte. No transcurso desta, e entre outros asuntos, a UFEDEGA solicitou a intevención da Xunta de Galicia ante o Consello Superior de Deportes para que publique o “desenvolvemento regulamentario” da polémica reforma da Licenza Autonómica Deportiva, tal e como é perceptivo xa que, a falta de seis semanas para a súa definitiva implantación, aínda non o fixo, obrigando deste xeito a que as federacións estatais e autonómicas deban “interpretar” a súa ambigua redacción.
Tamén se transmitiu a profunda preocupación no seo das asociacións deportivas galegas polas consecuencias das inspeccións que se levaron a cabo. Unha parte moi importante do noso sistema deportivo, autonómico e nacional, esta baseado no asociacionismo e voluntariado. Interpretar este feito como unha relación laboral coa conseguinte obligatoriedade de afiliación á seguridade social e as retencións pertinentes pode provocar un retroceso histórico no deporte de base galego. Cabe modernizar o concepto da figura do voluntariado.

A propia Comisión Europea xa contempla que os voluntarios poidan percibir o denominado «diñeiro de peto» (Pocket money) exentos de xustificación. Algúns países como Suecia ou Dinamarca xa o aplican. A UFEDEGA solicita á Secretaría Xeral para o Deporte ao ao grupos políticos galegos con representación no Parlamento de España a sua mediación cara á modificación da actual lexislación para que se adapte á disposición da propia Comisión Europea que contempla que os voluntarios poidan percibir o denominado «diñeiro de peto» (Pocket money) exentos de xustificación. Así mesmo, volveuse insistir no recoñecemento da figura da UFEDEGA dentro da Lei do Deporte de Galicia, tal e como fixeron outras comunidades ás súas respectivas asociacións como Cataluña, Andalucía, Madrid ou, recentemente, Murcia .

Compartir: