Primeira Xornada do Campeontato de España de Clubes

Finalizou a primeira xornada de División de Honra na que, nun dificílismo encontro, a SGP e o R.C. Celta non puderon evitar a terceira e cuarta posición en Balaídos. As duas victorias de atletas galegos viñeron da man dos lanzadores Isaac Vicente, nas filas do A.D. Maratón, no martelo con 66.93 e Victor Gallego, SGP, no peso con 16.36. Nas mulleres, o Ría Ferrol foi segundo en Valladolid con victorias de Claudia Rojo nos 400 valados con un tempo de 1.02.62 e Lidia Parada na xavalina con 53.76. Disputouse, tamén, o encontro de primeira división na que o C.A. Narón foi terceiro con doblete de Mauro Triana nos 100 (10.82) e 200 (21.83) e Anxo Blanco na lonxitude (6.89) e triple (14.28). Samuel Paz nos 400 valados con 55.90 e Martin Liste no disco con 41.87 foron tamén primeiros nas suas probas. Victoria tamén de Solange Pereira nos 1500 co seu club o Valencia Terra i Mar. Fantástica, tamén, a actuación do Atletismo Femenino Celta segundo no seu encontro por mor das victorias de Jenny Fernández con doblete nos 800 e 3000 obstáculos, Esther Navarrete nos 1500, Raquel Villa no peso, Eva Costas no disco, Laura Graña no martelo e Rocio Carbia na marcha.

Compartir: