Charla técnica de Ramón Cid en Vigo

O Director Técnico da Federación española de atletismo, Ramón Cid compartiu o sábado pola mañá parte dos seus coñecementos e experiencia cunha vintena de adestradores e atletas que se achegaron ao Ximnasio Saúde e Deporte a escoitalo.
Co tema “Problemática das competicións dos saltos atléticos nas categorías inferiores”, enfocáronse diversas perspectivas, dende ensinar a correr máis básico, ata a importancia da esfera emocional. Cun coloquio posterior, e intercambio de apuntamentos máis técnicos, pechouse unha actividade enriquecedora que contribúe enormemente á preparación dos especialistas galegos.

FC

Compartir: