O vindeiro domingo 10 de Maio celebrarase polas rúas de A Estrada o Campeonato de Galicia absoluto, xuvenil, junior, promesa e veteráns de 5km organizado polo Club Deportivo San Paio e a FGA. O circuito de duas voltas de 2,5km, que transcurre polas principais rúas da localidade pontevedresa, permitirá ver alguns dos fondistas galegos mais destacados como o caso de Manuel Hurtado, Carlos Villamor ou os junior Ero Doce e Ivo Maseda en homes e Carmela Cardama, Leticia Fernández Ou Barca Toba en mulleres, entre outros. Lembramos que tódolos participantes no campionato deberán pasar por cámara de chamadas atá 15 minutos antes da saída da proba e poderán recoller o seu dorsal o mesmo día atá 1h30m antes do comenzo da proba. A carreira femenina saíra às18:30 e as 19:00 a masculina. Con anterioridad disputarase a I Carreira Popular do Salmón con probas para as diferentes categorías. Circular Campionato – Inscritos