A Escola de Lanzamentos de A Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizarán unha serie de controis de marcas no sector de lanzamentos nas vindeiras semanas. Poderán inscribirse ata un máximo de 16 lanzadores, 8 mulleres e 8 homes, as seleccións dos atletas participantes farase por mellores marcas, no caso de non chegar a acadar estas prazas nalgún sexo, repescarase do listado de atletas suplentes o mércores, unha vez rematada as inscricións o martes. (Mais información Circular 37-2015)