O Campionato de Galicia de Milla en Ruta e 1km celebrado esta mañá na fermosa localidade de Sada confirmou que os atletas das categorías junior veñen pisando forte. Así, Angela González (Comesaña SC) e Ero Doce (Ría Ferrol) proclamaronse vencedores absolutos completando o podium Eva Cid (Comesaña e primeira promesa) e a xuvenil Elba Vélez (Atlética Lucense). Nos homes podium completamente junior con Adrián Lago (Comesaña SC) na segunda posición e Ivo Maseda (Lugo Running) na terceira. Cristian Montecelo (Atletismo Friol) primer xuvenile e Olaf Araujo foron os outros campeóns da distancia. Xa na proba de 1km, Pedro Osorio (Ría Ferrol) e Lucía López (Franciscanos) en cadete, Carlos Alvarez (Franciscanos) e Ainara Rodríguez (Lourenzá) en infantil, Anxo Losada (Verín) e Gabriela Quintás (Olímpico de Vedra) en alevín e Diego Rodríguez (Franciscanos) e Xela Martínez (Atlética Lucences) son os novos campeóns de Galicia da distancia. Disputaronse tamén as probas para veteráns, populares e pre-benxamins nunha competición magnificamente organizada polo Club Atletismo Sada.
MG