Disputouse o XXVIII Trofeo Reconquista, homenaxe ó que fora adestrador Antonio Fernández, con importantes rexistros para o ínicio da tempada o aire libre. A cadete Claudia Torres, do Atletismo Cuntis, nos 100 con 12.41 e o céltico David Abalde nos 400 con 50.78 foron os vencedores por táboa IAAF. Outras marcas destacadas foron os 11.20 do velocista do Coruña Comarca Sergio Rodríguez nos 100, Adrián Lago do Comesaña nos 3000 (8.52.40), Jenny Fernández do Atletismo Femenino na distancia de 500 (1.15.83) ou a sua compañeira de equipo Tania Valverde quen venceu na lonxitude e no triple con 5.18 e11.81, respectivamente. Boa participación en tódalas probas e boa organización do clube AVA.
MG