Presentouse a MediaSan do Camiño

Hoxe presentouse no Centro Comercial Compostela a MediaSan do Camiño 2015, Medio Maratón que unirá o domingo 12 de abril os Concellos de O PIno (Arca) e Santiago de Compostela (Praza do Obradoiro). En dita presentación estiveron presentes o director de relaciones externas de El Corte Inglés Pati Blanco, o delegado en Santiago da Federación Gallega de Atletismo Iván Sanmartín, a concelleira de deportes de Santiago María José Corral e o Alcalde do Concello de O Pino Manuel Taboada Vigo. Ademais destas autoridades estivo o atleta santiagués do clube USC Javier Fernández Feijoo o cal apadriñou o Medio Maratón MediaSan do Camiño 2015.
Todos os presentes coincidiron en destacar a beleza e a dureza do percorrido, pero destacaron por riba de todo o simbolismo do percorrido da proba e a beleza da saída e da meta ubicada na Praza do Obradoiro. MediaSan e das poucas probas que une dous Concellos nunha proba lineal polo camiño de Santiago e esto faina especial para os atletas segundo afirmaron os presentes.
As inscricións permanecerán abertas ata o 6 de abril ás 00:00 horas. Toda a información sobre a proba poderase consultar na web www.mediasandocamino.com

Compartir: