Francisco Duran: Medalla de Prata no Nacional de 20 Km.

O domingo 22 de Marzo tivo lugar na cidade guipuscoana de Renteria, o Campionato de España de 20 Km homes, nas categorías absoluta e promesa. Este campionato que habitualmente se vén separando do Campeonto de España de marcha en Ruta, onde se programa a proba de 35 Km para os Homes, serve para completar a selección que representará a España na próxima Copa do Mundo de marcha, en maio. Ao mesmo tempo desenvolvíanse as probas do criterium de 20 Km Mulleres e 10 Km Junior en ambalas dúas categorías, que ao igual que na proba de 20 homes se poñian en xogo as ultimas prazas que dan o billete para a Copa do Mundo. Resultados (ir a noticia completa)

Organizado pola federación guipuscoana, o campionato deparou grandes marcas, incluído un record nacional Junior. Ameazaba choiva, aínda que non ventaba e a temperatura parecía ser a ideal para unha distancia longa. Ao final, o fino orballo deixou paso a outra choiva de carácter máis especial: choiva de estrelas da marcha
Ata a vila donostiarra desprazouse un nutrido grupo de atletas galegos para tomar parte tanto no Criterium coma nas probas para categorías menores programadas pola Federación Vasca, probas de 1, 2 e 3 Km para os benxamíns, crías e infantís e 5 km para Cadetese veteranas
Representantes dos clubs Vila de Cangas, Comesaña, C.A. Sada, Millaraio, Barbanza, Cuntis participaron en ambas as dúas carreiras.

Nos 5 Km homes, grande actuación de Roberto Viero, 2º cadete. En mulleres a primeira representantes galega en meta seria Sidney Hernández, do Cuntis. En veteranas mulleres, dobrete para as “rapazas” do Cuntis, Concepción Campos e Montserrat Pereira
Ás 10.30 daba comezo o criteirum, con grandes resultados para os nosos. Rocio Carbia, do Femenino Celta, sería a primeira promesa. María Abeledo del Narón, xunto con Debora Pato del Comesañas ocuparian os dous primeiros postos do podio na categoría júnior. En xuvenil mulleres, triunfo para Inés Valentín del Ourense, e finalmente en homes primeiro posto para o celeste José Fernández Nieves.
Unha vez rematadas as probas de menores, dábase a saída aos 20 quilómetros femininos, insertos no Critérium Nacional. Tal como explicamos, só dúas mulleres podían facerse oco na tan prezada Copa. Ausente a marcadora galega Lorena Luaces, os dous postos para Murcia serían para Julia Tackas e Mª José Povés.
Dez minutos despois do comezo da proba feminina, facían o mesmo os homes
Mesma situación que as mulleres, dúas prazas e moitos atletas querendo conseguir unha. A lista oficial dos seleccionados farase pública en breve por parte do galego Santiago Perez, responsable de Marcha da RFEA, presente en Renteria.

O atleta promesa, Fran Durán del Lucus, era o atleta máis destacado en linea a de saída e non defraudou. Tras intentar seguir o ritmo de cabeza nas primeiras voltas, foi perdendo distancia co trio de cabeza, entrando finalmente en 7 posición absoluta, cun rexistro de 1.25.25., o que lle valeu a medalla de prata na categoría promesa. Christian Curopos, do Celta, o noso segundo representante en Renteria, ocuparía a 5º praza promesa cun tempo de 1.35.01.
O noso parabén a todos os atletas desprazados, que seguendemostando a forza da marcha galega a nivel nacional

Compartir: