Carmela Cardama seleccionada polo comité técnico da RFEA para participar no Campionato do Mundo de Campo a Través que se celebrará na cidade China de Guiyang o vindeiro 28 de Marzo. A atleta do Comesaña, segundo no Campionato de España de Campo a Través e de Pista Cuberta, confirma así que é unha das atletas con mais proxección do panorama nacional. A FGA quere felicitar a Carmela e a sua adestradora Oliva Román por esta internacionalidade.