Publicado o plan de viaxe e as últimas incorporacións de atletas da selección galega

Na Circular 20-2015 pódese consultar o plan de viaxe da Selección Galega de para o Campionato de España de Campo a través junior, promesa e absoluto, que se celebrará en Alcobendas este domingo.

É moi importante que todos os atletas revisen o seu lugar de incorporación. O autobús sairá da Coruña e pasará por Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense para maior comodidade dos atletas. Lembramos que todos os que teñan material recibido nos últimos 4 anos deberán levalo consigo, a FGA non suministrará equipación deportiva a estes atletas. (Circular selección e plan de viaxe)

Compartir: