Resultados

Campionato de España Júnior: Claudia Rojo, Carmela Cardama e Raquel Vilas, subcampionas de España

Campionato de España Júnior en Valencia con tres medallas dos atletas galegos na primeira xornada. Claudia Rojo del Ria Ferrol subcampiona de España de Pentatlon con 3541 puntos novo record galego da categoria logrando 9.04 en 60 valos, 1.59 en altura, 9.26 en peso, 5.46 en lonxitude e 2.25.80 no 800. Sucampeonato tamén para a atleta do Comesaña Carmela Cardama nos 3000 metros con 9.33.01 igualmente record galego da categoria que posuía Uxia Pérez. O terceiro metal correspondeu á lanzadora do Atletismo Vila de Cangas Raquel Villar que foi segunda con 12.14.
Outros resultados destacados foron os 7.85 en 60 metros de Iria Forján nas eliminatorias, 7.89 en semifinais que lle permitiron entrar na final, cuarto posto de Anxo Blanco en triplo con 14.50 e o pase ás finais que se disputarán mañá de Eugenia Gil (Marineda) en 400, Angela González ( Comesaña), José María Diaz ( Lugo Running) e Miguel Otero ( Real Club Celta) en 800 metros e en 1500 de Jorge Puig (Sociedade Ximnástica de Pontevedra) e Adrián Lago ( Comesaña). Actuacción Gallega

Fotos: Flor Currás

Compartir: