Belén Toimil logra un novo record galego absoluto de lanzamento de peso no Control celebrado no transcurso do Campionato de España de lanzamentos longos de inverno en Montijo, nun concurso sensacional logro lanzar 16.00 realizando unha serie con tres lanzamentos por enriba dos 15.50, o anterior record o poseía ela mesma con 15,97 do 2013. Noraboa!
No Campionato a propia Belén foi 6ª na proba de disco con 47.91. Completaron a actuación galega Victor Gallego (SGP) quinto en disco con 52.14, Felicea Tilea cuarta en xavalina con 48.78 e Pablo Denis (A.D. Maratón e Carlos Revuelta (CA Fent Cami Mislata) no martelo, sexto (60.57) e octavo (57.52), respectivamente.