Fantástico rexistro
do atleta coruñes, Mauro Triana cun rexistro de 21.69 nos 200 metros, que varre das mellores marcas galegas baixo teito, o rexistro de Isidoro Hornillos de 21.76 do ano 1982 logrado en Milan.
O atleta adestrado por José Carlos Tuñas, referendou nas semifinais do absoluto de pista cuberta, a gran tempada que vén realizando rebaixando a súa mellor marca de 21.86 da pasada semana nas
pistas de Antequera no nacional promesa, onde se proclamou campión.
Dende a FGA, felicitámolo polos seus extraordinarios rexistros, asi como ao seu adestrador e club. ¡noraboa¡
Salientar o rexistro do seu compañeiro de club Sergio Rodríguez que con 21.91 (MMP) pasa tamén á final dos 200. Outros galegos que acadaron o pase as finais de mañá foron nos 1500 Victor Rioboo (C.A Santiago), Leticia Fernández (Ría Ferrol) e Solange Pereira (Valencia TM) e nos 800 Jenny Fernández (Atletismo Femenino Celta) Actuaccion Galega