Representación galega no LI Campeonato de España Absoluto de Atletismo en Pista Cuberta

Un total de 20 atletas compondrán a reprentación galega que tomará parte esta fin de semana no LI Campeonato de España Absoluto de Pista Cuberta a celebrar na localidade malagueña de Antequera. A prioiri as maiores posibilidades de subir ó mais alto do podium pasan polas mans de Jean Marie Okutu na lonxitude na procura da mínima para o Europeo e de Solange Pereira nos 1500. Con claras opcións de medalla están Ana Peleteiro, recuperada xa da sua lesión, no triple e Belén Toimil no peso. Completan a representación os atletas da “factoria” Tuñas na velocidade con Denis Galán e Javier Cancela nos 60 e o propio Denis, Mauro Triana despois do seu magnífico record galego promesa a pasada semana na mesma pista e Sergio Rodríguez nos 200. Victor Riobo estará nos 1500 unha proba na que xa sabe o que é estar entre os millores na distancia. Miguel Pérez nos 60m valados, David Barreira na altura, moi regular nesta tempada por encima dos 2m e Alfonso Palomanes e Anxo Blanco terán unha nova oportunidade de millorar as suas marcas. Nas mulleres, nos 400 a junior Eugenia Gil participará por primeira vez nun absoluto xunto con Paula Ferreiros, nos 800 estará Jenny Fernández despois de acadar a terceira plaza na mesma distancia e pista no Campionato Promesa a semana pasada; xunto con Solange Pereira estará tamén Leticia Fernández loitando por estar entre as primeiras posicións. Finalmente, participará Leticia Gil na lonxitude, Teresa Rodríguez nos 60 valados e Sandra Carballo no pentatlón.

MG

Compartir: