Centos de nenos invadiron as pistas de Riazor para disfrutar dun excelente Campionato

O Campionato de Galicia Benxamin, Alevín e Infantil deparou unha enorme participación de atletas das categorias inferiores dos clubs galegos, así mesmo disputouse a última hora da tarde do sábado o Campionato de Galicia Cadete de 1000 e 3000 metros. Neste Campionato os vencedores foron en 1000 metros Carlos López do Ria Ferrol con 2.48.64 e Lucía López do Club Franciscanos de Lugo con 3.07.69 e nos 3000 metros Adrián Lage do Atletismo Friol con 10.01.88 e Sonsoles Martin do Club A Gándara con 11.19.52.
No Campionato de Menores puidéronse ver resultados destacados de atletas dos clubs do Franciscanos de Lugo así como das Escolas de Clubs importantes coa Sociedade Gimnática de Pontevedra ou o Club Ria Ferrol.
En categoría infantil destacamos ao atleta do Franciscanos de Lugo Carlos Alvarez que vencía os 50 metros con 6.98 e impoñíase con autoridade nos 500 metros cun sensacional rexistro de 1.17.44 nova mellor marca galega, dominio nos 2000 metros do atleta do CD San Paio Medhi O Nabaoui con 6.22.56 e disputadisima a final de 50 valas entre Samuel Diaz do Riazor Coruña, Lucas Lorenzo do Franciscanos de Lugo e Daniel Losada do Universidade de Santiago, gran concurso de salto de altura de Antonio Igrexas do Atletismo Vila de Cangas que vencía con 1.38 e sensacional Andrea Reija do Atletismo Castroverde con 1.53 novo record galego da categoría. Nerea Iglesias do Atletismo Fontes do Sar lograba con 7.22 o título de Campioa Galega de 50 metros infantil cun bo rexistro.
O atleta Jacobo Diaz do San Narciso con 1.36 en salto de altura lograba un novo record galego en categoria alevin do mesmo xeito que Pepe Sanchez (Franciscanos) nos 500 metros benjamin con 1.37.35.

Compartir: