Presentación do Cross de Ribadavia 2016, que reunirá a 600 deportistas

O Cross de Ribadavia 2016 celebrarse esta fin de semana no Concello de Ribadavia, onde reunirá a 600 deportistas nunha das probas de maior tradición. O acto de presentación deste evento deportivo contou coa presenza do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez; o concelleiro de Deportes de Ribadavia, Ricardo González; o coordinador xeral do Cross de Ribadavia 2016, Eladio Gómez; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; e en representación da Xunta de Galicia, Manuel Pérez.

.- O Cross de Ribadavia 2016 celebrarse esta fin de semana no Concello de Ribadavia, onde reunirá a 600 deportistas nunha das probas de maior tradición. O acto de presentación deste evento deportivo contou coa presenza do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez; o concelleiro de Deportes de Ribadavia, Ricardo González; o coordinador xeral do Cross de Ribadavia 2016, Eladio Gómez; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; e en representación da Xunta de Galicia, Manuel Pérez.

Juan Anta destacou a colaboración da Deputación de Ourense co deporte e cos valores que este implica, e asegurou “o deporte sempre debe ir da man do turismo polo tanto, animar a toda a xente a gozar das moitas cousas que hai en Ribadavia”. O Cross de Ribadavia 2016 é unha competición de atletismo campo través que está a consolidarse como unha das mellores probas deste tipo en Galicia e que se celebra con carácter anual en Ribadavia. Trátase dunha “das competicións con máis tradición, calidade e nivel de Galicia na que participarán en total 600 deportistas”, asegurou Eladio Gómez.

O evento desenvolverase en dúas xornadas, os días 13 e 14 de febreiro. O sábado, 13 de febreiro terá lugar o XXXIII Copa Deputación de Atletismo – Campo a Través por relevos mixto e o I Campionato de Galicia de Campo a Través por relevos mixtos en categoría Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil. A competición terá lugar dende as 11.00 ás 14.00 horas na que se estima unha participación de 300 atletas. O domingo, 14 de febreiro, disputarase a 81 edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Absoluto, Promesa e Junior, individual e por equipos masculino, e o XLIX Campionato de Galicia de Campo a Través Abosluto, Promesa e Junior, individual e por equipos feminino. A competición celebrarase á mesma hora que no día anterior e cunha participación de atletas similar.

Esta 81 edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Absoluto cumpre 100 anos da súa orixe e nela “unha das probas máis antigas na que estarán presentes os mellores atletas que hoxe ten a comunidade para disputar este título que outorga certo prestixio ao vencedor”, afirmou o coordinador do evento. Asemade por primeira vez “homes e mulleres en categoría absoluta competirán sobre a mesma distancia de 10 quilómetros”, destacou Eladio Gómez. O Cross celébrase “en inverno para experimentar a dureza e para preparar ós atletas para a tempada de pista ao aire libre”, asegurou o coordinador do Cross de Ribadavia 2016.

Isidoro Hornillos destacou durante a presentación que “por primeira vez se celebrará neste evento un campionato de Galicia de relevos mixto e teño que poñer en valor a iniciativa que tivo o presidente do Club Deportivo Aurum”, e engadiu “nunha comunidade salpicada de numerosas probas en ruta é necesario poñer o acento en algo que é tradicional no deporte galego como é o Campo a Través, polo que me congratula que se engada unha nova oferta con este campionato”. Con respecto ao circuíto no que se disputarán as probas, Isidoro Hornillos, asegurou que “é un dos mellores que hai a nivel nacional que se pode considerar válido mesmo para celebrar un campionato de España ou Europa”.

Pola súa banda, o alcalde de Ribadavia asegurou “estamos dispostos a que nun circuíto tan importante como temos, e que se pon en valor ano tras ano, tentar acadar cotas máis importantes, se cabe, como pode ser un campionato de España ou de Europa, e esa é a nosa meta”. A encargada de dar a saída dun xeito simbólico a este campionato absoluto será “unha pistola de saídas de atletismo que data do ano 1961 que non estaba en uso e que estaba na Delegación de Ourense da Federación Galega de Atletismo e que conseguimos restaurar”, asegurou Eladio Gómez.

Compartir: