Campionato de Galicia de 60 e 60 valados e Campionato de Galicia de Combinadas

Intensa actividade en Lugo cun novidoso Campionato de Galicia de 60 y 60 valados e o Campionato de Galicia de Probas Combinadas. Fantástico o rexistro do atleta do Coruña Comarca Denis Galán que venceu nos 60 con 6.92 por diante de Javier Cancela do C.A Narón e Francisco Bugallo do Riazor Coruña. Nas mulleres victoria para Teresa Miguelez con 7.95 completando o podium as xovencísimas Claudia Torres do Atletismo Cuntis e Miriam Otero do C.A Narón. Precisamente Teresa foi a vencedora tamén nos valados con 9.13 seguida de Enma Valencia (Atletismo Femenino Celta) con 9.26 e Paula Martínez do Vila de Cangas con 10.37. En homes primeiro e segundo foron os atletas do Lucus Miguel Pérez (8.53) e Iago Nuñez (8.65) sendo terceiro Carlos Iglesias do C.A Santiago 8.99.

Nas combinadas victoria unha vez mais para o atleta da SGP Santi Ferrer con 4.893 con outro duelo interesante con Adolfo Sainz Maza en homes e a versátil Claudia Rojo do Ria Ferrol na sua primeira tempada coma junior con 3512. Destacar tamén o rexistro de Dario Costas con 4.774.

MG

Compartir: