O Presidente da Federación Galega de Atletismo viaxou esta mañá ata Monforte de Lemos para asinar un convenio de colaboración cunha importante xoiería galega, trátase da Xoería Camilo, unha empresa que conta cunha gran calidade dos seus productos e unha excelente atención aos clientes. Xoiería Camilo convirtíse así durante un ano no proveedor oficial da FGA. Ademais os clubes poderán beneficiarse deste proveedor ao contar cun desconto especial na compra de trofeos e medallas, os interesados poden enviar un email a secretariogeneralfga@gmail.com. No convenio tamén está contemplado a aportación de dous reloxos Viceroy para entregar aos mellores atletas no Campionato Galego Absoluto de pista aire libre. Dende a FGA desexamos agradecer a importante colaboración de Xoiería Camilo ao atletismo galego.