Boa actuacion dos atletas galegos na XXXIV Copa del Rey y la Reina

Fantástica actuación dos nosos atletas onte na XXXIV Copa de SM el Rey y SM la Reina en Anoeta. Cando estabamos disfrutando da magnífica xornada verpertina do Campionato de Galicia Absoluto e Promesa de Pista Cubierta chegaában as boas noticias da actuación de Solange Pereira, Jean Marie Okutu, Palomanes, Belén Toimil, os primos Santi e David Ferrer e Darío Costas. Solange Pereira, este ano nas filas do Valencia Terra i Mar demostrou que está no camiño para acadar a mínima para o Europeo ó vencer con claridade no 1500 e parando o crono en 4.20.83. Victoria, tamén, para o marinense Jean Marie Okutu, do FCB, que con un millor salto de 7.73 vai acercándose novamente os 8m. Bon concurso para o seu compañeiro de equipo Alfonso Palomanes, terceiro con 15.64. Dario Costas nos 60 metros parou o crono en 7.03 o que supon mellor marca persoal para o xovencísimo atleta da SGP. Os outros atletas da SGP, Santi Ferrer e David Ferrer cumplían nas suas pruebas con 4.60 en pértega e 6.70 na lonxitude, respectivamente. Finalmente, Belén Toimil era segunda con un millor lanzamento de 15.19. Resultados

MG

Foto: gentileza da SGP

Compartir: