Actuación galega no Campeonato de España de Campo a Través por clubes: O New Balance campeón. Miguel González, Adrián Ben e Carmela Cardama no podium individual

O Campeonato de España de Campo a Través por Clubes celebrado en Cáceres confirmou que os atletas galegos das categorías xuvenil e junior continuan a su progresión destacando a nivel nacional. Na carreira xuvenil venceu Miguel González e segundo foi Adrián Ben ambolos dous do Lucus con un destacado cuarto posto de Tariku Novales do Atletismo Noia. En mulleres junior segundo posto de Carmela Cardama do Comesaña Sporting Club, quinto posto de Uxia Pérez do Playas de Castellón e octavo posto de Angela González del Comesaña.
Outros atletas que destacaron no barro foron Jenny Fernández quinta promesa sobre una distancia de 7550 metros e Manuel Penas recuperándose dos seus problemas fisicos colaborando coa sua actuación, posto 28, na consecución do título para o seu equipo o New Balance. Nesa mesma carreira boa actuación tamén de Victor Riobo do C.A.Santiago no posto 25.

Compartir: