En Campo de Criptana (Ciudad Real) Vila dos Muíños do fidalgo Don Quijote de la Mancha será o sábado e domingo o centro da marcha e o cross, ali disputase o Campionato de Castilla la Mancha de marcha en ruta e trofeo Villa dos Muíños (organizado polo Concello da devandita vila, todo un exemplo de promover o deporte ) e o domingo o cross que leva o nome de cross da Serra dos Muíños nunha paraxe expectacular. Ata alli desprázanse mais de 40 atletas da Escola de Marcha da Diputacion de Pontevedra en representacion dos seus clubs pero todos baixo o mesmo estandarte en busca de marcas para os proximos eventos tanto nacionais coma internacionais xa que ao estar dentro do calendario nacional da RFEA as marcas tendranse moi en conta pola española. O internacional sub-23 Fran Duran nos 20 km e Cristian Curopos, ademas nos 10 km -5 km -3 km -2 km -1 km (segundo os seus categorias ) con Samanta Mulloni, Rocio Carbia, Carmen Escariz, Carmen Fuentes, Maria Abeledo, Emilio Novas, Iria Rivas, Noa Ramirez , Roberto Vieiro, e os peques como Valeria Fernandez, Denis Fernandez, Hugo Casanova, Marcos Burgo, Alex Novas, Crhistian Duarte, Lara Rivadulla, Conchi Campos, Monse Pereira e varios valores máis que seguro que deixan o pabellon galego moi alto. Pola súa parte Antia Chamosa outra gran promesa da escuadra de Pardal competirá en Cáceres con motivo do autonómico de Extremadura.