Presentouse o Campionato de Galicia de Cross Corto de Clubes, Campionato de Galicia Cadete e xuvenil de campo a través individual e por equipos e o Memorial Alejandro Lorenzo a celebrar o vindeiro 25 de xaneiro na localidade lucense de Friol. No acto estiveron presentes o Alcalde de Friol Antonio Muiño, a Presidenta do Clube Atletismo Friol Asunción López xunto con Felipe Barata, o Presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro Hornillos e o delegado de Lugo da FGA Pablo Gandoy.
MG