1ª xornada da serie municipal: Éxito da matinal de atletismo en pista

O atletismo volveu a Balaídos con éxito de público e participación na 1ª xornada invernal da serie municipal, nunha mañá fría e soleada. As 376 participacións igualan o rexistro do ano pasado e garanten a continuidade. Entre os atletas, mestura de caras coñecidas e futuro, cun gran traballo de canteira, de procedencia diversa. Por probas, a emoción púxoa o 800 m, en homes e mulleres, con duelos na cabeza de carreira e un gran nivel, lográndose media ducia de mínimos nacionais. Por número, abafadoras as series de 200 m (9) e 300 m (9), ademais do 3000 m masculino.
Mínimos nacionais:
Absolutas: Jenny Fernández (CAFC), 800 m. Leticia Fernández (Ría) 3000 m
Promesa: Jenny Fernández (CAFC) 800 m; Eva Cid(Comesaña SC), 800 m; Rocio Rodríguez(SGP) 800 m; Miguel Otero (RCCV), 800 m
Júnior: Ángela González (CSC), 800 m; Fernando Vales (At. Santiago), 800 m; Uxía Pérez(P. Castelló), 3000 m; Pablo Castro(Vila Cangas), peso – Resultados

Flor Currás

Compartir: