Fantástica a xornada de iniciación aos lanzamentos, impartida polos compoñentes do NAR de Lanzamentos da Coruña, nas pistas do INEF, para os atletas do Club Marineda Atletico. Os atletas das categorías infantil, cadete e xuvenil puideron introducirse aos lanzamentos da man de alguns dos mellores especialistas nacionais como Borja Barbeito e Manuel Uriz. Tamén estiveron outros compoñentes do NAR como Iago Pazos, Victor Tenreiro, Valentina Cumber e Fran Michinel dirixidos polos dous Raimundo Fernández, pai e fillo. A xornada rematou con unha exhibición de lanzamento de xavalina de Borja Barbeito.