Actividade da fin de semana: carreiras en ruta e pista cuberta

Intensa fin de semana en que as carreiras en ruta entremezclanse con as primeiras actuacións dos nosos atletas en pista cuberta. Ismael Bouzas e Guadalupe Lodeiro na XV Carreira Popular de Pontecesures, Paulino Folgar e María SAntos na IV Carreira Popular do Nadal Santa Uxía, Borja Lobelo e Paula Mayobre na X Carreira Fin de ano Ares-Mugardos-Ares e Cristian Muiño e Teresa Castro na II Pedestre do Anllóns foron os primeiros en cruzar a liña de meta nas devantidas probas. Asemade, foron varios os atletas galegos que iniciaron a sua tempada en pista cuberta na localidade lusa de Braga. Salientar os resultados na proba de 1500 do atleta da SGP Jorge Puig con 3.58.17 (MMP) e de Uxía Pérez, do Playas de Castellón, con 4.40.81 e do velocista do Coruña Comarca Sergio Rodríguez con 22.33 nos 200.

Compartir: