Presentacion da II Carreira Popular de Sada. G.P do Nadal

Foi presentada a segunda edición da Carreira Popular de Sada. GP do Nadal que se celebrará o vindeiro domingo polo paseo marítimo da bela localidade coruñesa. O acto asistiron o alcalde de Sada Ernesto Anido, o presidente da FGA Isidoro Hornillos, Francisco Blanco, presidente da asociación de veciños O Candil, Bernardo Valiño presidente da Asociación de Empresarios de Sada e Carlos Reinlein secretario do Club Atletismo Sada. A salientar que a falta de unhas horas para o peche das inscriccións, na proba absoluta a participación femenina supera en número à masculina o que mostra o auxe das mulleres en probas de ruta de estas características.

Compartir: