XIV Memorial Andrés Abanqueiro: Boa participación das categorias menores en Castrelos

A XIV edición do Memorial Andres Abanqueiro, volvio a demostrar que hai futuro. Asi testemúñano os 440 atletas procedentes de todos os clubs e moitos dos colexios do área de Vigo que se achegaron a Castrelos. O tempo acompañou e a xornada converteuse nunha festa, na que participaron desde pitufos (2010-11) a cadetes (2000-01). O trazado do circuíto discorreu como é habitual polo parque de Castrelos e combináronse marcas interesantes con outras máis discretas, coa ilusión como denominador común. Resultados
Fotos: Flor Currás

Compartir: