Novamente tristeza para os adestradores galegos, falece o pai do responsable de lanzamentos D. Raimundo Fernández

No día de hoxe recibimos a non deseada noticia do falecemento do pai de Raimundo Fernández Vázquez e avó de Raimundo fillo, con 90 anos de idade D- Raimundo Fernández Pazos deixa asi a dous excelentes atletas e adestradores, moi coñecidos polo sector de lanzamentos e especialmente en xavelina. Os servizos funerarios serán no día de hoxe en Pómpas Fúnebres da Coruña (Plaza de la Palloza, 4) e o enterro ´terá lugar maña día 16 con saída ás 16:00 horas no Cementeiro Municipal de San Amaro. Dende a FGA desexámoslle moito ánimo para Raimundo pai e Raimundo fillo nestes momentos tan duros.

O noso pésame tamén para a familia do exatleta céltico Manuel Fernández Alfonso

Dende Vigo chéganos tamén o falecemento o pasado sábado día 13 do ex atleta céltico D. Manuel Fernández Alfonso, de 74 años, internacional absoluto dúas veces ante Portugal en 1968 e 69, campión galego absoluto de peso e disco en 7 ocasións e primer lanzador galego da historia en pasar co peso dos 14 e tamén dos 15 metros, deixando as súas marcas persoais en 15,01 en peso e 44,98 en disco, en 1971.
O Real Club Celta foi o seu club de sempre en 12 anos de actividad atlética.

Compartir: