Celebrouse a Gala de premiacións do I Circuito de Carreiras Populares correndo pola Costa da Morte na que os vencedores absolutos foron Cristian Muiño e Eva María Portas. Na gala presentouse xa a segunda edición que contará co atleta compostelán Pedro Nimo como padriño.