Alén do campionato galego de marcha en pista, organizado polo Club Riazor, a celebrar nas pistas de Elviña a atención da actividade atlética da fin de semana estará en Vigo e San Sebastián. Na cidade olívica celebrarase o XXXVI Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través unha das probas da especialidade de maior prestixioso no calendario autonómico. Nel estarán algúns dos atletas galegos mais en forma neste inicio de tempada. Así nos homes, a destacar o xuvenil Adrián Ben do Lucus, Gonzalo Basconcelos do R.C. Celta, Akka Essaadaoui do 3&Run by Pedro Nimo, Javi Paredes do Ourenrunning ou Victor Riobo do C.A. Santiago. Nos inscritos está tambén un ilustre do atletismo galego o marinense Dani de La Torre. Nas mulleres, xunto con Angela González e Eva Cid ámbalas duas do Comesaña estarán as grandes favoritas Solange Pereira, esta tempada no Valencia, Leticia Fernández do Ria e Esther Navarrete do Atletismo Femenino Celta xunto con Sandra Mosquera tamén do Comesaña que parece moi recuperada da súa lesión.
Tamén o domingo teremos que estar atentos á bela localidade guipuzcoana de San Sebastián xa que alí disputarase o LXXVIII Campionato de España de Maratón absoluto e veterán co atleta santiagués Pedro Nimo como un dos grandes favoritos para acadar o triunfo. Estarán tambén os homes da SGP Robertas Geralavicius e Rubén Diz e Ramón Serantes do Marineda como atletas galegos destacados