Celebrouse no Inef de Galicia o II Congreso Técnico Galego de xuíces de atletismo. O Congreso inagurado polo presidente da FGA, Isidoro Hornillos, contou cunha amplia participación de xuíces procededentes de tódalas delegacións. Eloy Bretal e Angel López- Montesinos foron os encargados de presentar a comunicación “Funcionamento do CGX. Normativas FGA/RFEA e regulamento do CGX”. A continuación, o propio López-Montesinos xunto con Dolores Rojas e Francisco Guijarro abordaron as “Novidades no regulamento internacional de atletismo” con dous temas principais: o papel do xefe de cronometraxe con transpondedores e o pit lane nas probas de marcha. Finalizou, a sesión da mañá con o recoñecemento ós xuíces en activo con 30 anos de antiguedade. Á tarde, Dolores Rojas, Jorge Blanco, Manuel Garrido e Guillermo Sandino trataron “As casuísticas nas competicións da FGA” visionando vídeos gravados en diferentes probas controladas polo comité galego de xuíces para o seu debate.