Solange Pereira, segunda mellor atleta europea do mes de outubro

A atleta Solange Pereira (Valencia Terra i Mar) ten sida declarada por European Athletics a segunda mellor europea do mes de outubro tras as votacións a dez seleccionadas polas súas actuacións no devandito período, por detrás da renomeada atleta italiana Valeria Straneo (subcampiona do mundo de marathón 2013) e por diante da norueguesa Carolina Bjierkely.
Os votos proviñan de tres fontes: o público, por medio de Facebook, os medios de comunicación e un grupo de expertos. Cada gañador de grupo sumaba 10 puntos, e o seguinte 10-1, etc.
O mundo atlético español envorcouse coa atleta residente en Cangas, que se levou o 41% dos votos totais, a 20 puntos porcentuais da seguinte máis votada. Para Solange, o premio foi conseguir esta nominación e comprobar a reacción de toda a xente que a apoiou. Atleta en proxección aínda, terá sen dúbida novas oportunidades.

Compartir: