Celebrou-se un ano mais o tradicional encontro da Escola Naval con un combinado galego nas instalacións da Escola Naval en Marín. Como ven sendo habitual, tamén, as probas disputadas foron os 100, 200, 400, 1000, peso, lonxitude, altura e relevos 4 x100 e 4×1 volta. O combinado galego estivo formado por Pablo Iglesias e Juan Camaño nos 100, Laureano Martínez e Tomás Almón nos 200, Gustavo Santiago e Manuel Sobral nos 400, Alfredo Ferreiro e Miguel Marzoa nos 1000, Tomás Almón e Laureano Martínez na altura, David Ferrer e Alesandre Solla na lonxitude e Julio Santiago e Carlos Ferrer no peso. Os relevos estiveron compostos polos integrantes do 100 e a lonxitude no 4×100 e José Manuel Omil, Manuel Rosales, Gustavo Santiago e Antonio Carvallal no 4 x1 volta. Competiu tamén Montserrat Pereira nos 1000. Finalmente, a Escola Naval foi vencedora por escaso marxen terminando o encontro con unha comida con atletas de ámbolos dous equipos.