José Carlos Tuñas participará nunha xornada técnica de velocidade da RFEA

José Carlos Tuñas Dugnol, actual responsable galego de velocidade foi convocado pola Federación Española de Atletismo para unha reunión técnica do sector de velocidade da RFEA onde asistirán só adestradores. José Carlos Tuñas expoñerá e debaterá xunto aos outros adestradores convocados a súa planificación de adestramento do grupo de atletas que adestra na Coruña. A reunión técnica terá lugar no Centro de Alto Rendemento de León do 21 ao 23 de Novembro.

Compartir: