Saltar ao contido
Arquivo

Cambios de clubs para a tempada 2014-2015

Iniciase unha nova tempada e algúns dos atletas con resultados mais destacados na pasada cambian de club. Salientamos alguns de eles: Ana Peleteiro que o ano pasado defendía as cores do Barcelona
vestirá a camisola do ADIDAS e será outra das nosas atletas con maior proxección, Saleta Fernández quen defenderá as cores do Barcelona. Tamén Solange Pereira despois de uns anos no Bikila fichou
polo Valencia co obxetivo de disputar así algunhas probas internacionais de clubs. Outros cambios en mulleres son a volta de Eva Arias ó ADAS, Chus Gestido á Vila de Cangas e a campeona de España
de marcha Carmen Escariz ó Bidezabal. Entre os homes salientar a fichaje de Alejandro Fernández e Akka Essaadaoui polo 3&Run Pedro Nimo Corredores, o marchador Fran Durán polo Lucus Caixa
Rural, David Barreira polo A.D. Maratón e Victor Riobo polo C. A. Santiago. Destacar tamén que os clubs con mais reforzos para a presente tempada son o Atletismo Femenino Celta cas altas de
Yolanda Gutierrez, Virginia Villar, Rocío Carbia, Aitana Leguiçano e Jenny Fernández entre outras. Tamén o Comesaña conta con caras novas coma Tomás Ocaña, Smail Laaribi ou Eva Cid. Dende a FGA
desexamos sorte a tódos eles.

noticias
Compartir