Resultados

Presentacion da VI Edicion Carreira Popular Arumes do Corgo

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, presentou, o martes 9 de Outubro, no salón de actos do Pazo de San Marcos, a VI Carreira Popular Arumes do Corgo, que organiza a asociación homónima, da que xurdiu tamén o club de atletismo Arumes-Área 10, e que se celebrará o vindeiro sábado, 25 de outubro, dende as 17,00 horas, no contorno do colexio do Corgo. Tamén participaron na presentación desta proba o Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, Xosé Henrique Casanova, como representante da Asociación Cultural Arumes do Corgo; Pablo Gandoy, director técnico da Federación Galega de Atletismo en Lugo; e José Antonio Ferreiro, alcalde do Corgo.
Durante a súa intervención, Mario Outeiro puxo en valor o amplo labor cultural que vén desenvolvendo a asociación Arumes do Corgo, dende a súa creación, aló polo 2005, e explicou que “o 2009 ramificou a súa actividade e tivo a súa incursión no mundo deportivo coa organización desta proba.
Unha proba que, segundo explicou o delegado de Cultura e Turismo da Deputación, “está totalmente consolidada no calendario de atletismo . Todo isto é debido a un gran traballo a nivel organizativo dos membros de Arumes do Corgo, e grazas á colaboración económica tanto do concello do Corgo, como da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, así como o apoio técnico da Federación Galega de Atletismo, concluíu Outeiro.
Nesta proba de atletismo daranse cabida todas as categorías, con diferentes distancias por idades, desde prebenxamíns (2005 e posteriores), que comezarán ás 10:30 horas, até veteranos (desde 1957 e anos anteriores), que terán a súa saída ás 11:30 horas, como todo o grupo de júnior, promesa, sénior e veteranos, para percorrer 5.300 metros.
Haberá premios por categorías con trofeo, unha camiseta para os 150 primeiros participantes da xeral e para todas as categorías inferiores, e premios en metálico para a clasificación xeral individual, co que tamén se agarda que se acheguen ao Corgo importantes nomes do atletismo lucense e galego. Mais informacionInscribete aqui

Compartir: