Saltar ao contido
Arquivo

Miguel Martinez Larrea, novo delegado da FGA en Vigo.

Miguel Martinez Larrea, xuiz nacional de atletismo, foi nomeado
polo presidente da FGA novo delegado federativo en Vigo. O cambio prodúcese trala renuncia presentada por Javier Alvarez Salgado o pasado fin de semana.

O novo delegado federativo iniciou a súa vinculación ao atletismo nos anos 60, no seu pais de orixen, Chile. Tamen foi xuiz de atletismo en Argentina e practicante na Agrupación Atlética Aconcagua
(Buenos Aires). Posteriormente foi xuíz e colaborador técnico na Asociación Atlética Jaliscense (Guadalajara-México).

Nos últimos 11 anos realizou labores de xuices no Comité Galego de Xuices e nas dúas últimas tempadas como delegado en Vigo deste colectivo. A FGA agradece os servizos prestados polo señor Salgado
ao atletismo galego á vez que felicita e desexa sorte na súa xestión ao novo delegado.

noticias
Compartir