Os atletas do Bikila David Solis e Solange Pereira vencedores na VIII Carreira Popular de Coruña 10. A cidade herculina viviu esta mañán unha festa do pedestrismo con récord de participación, casi 6000 correrores entre a proba absoluta e a das categorías de menores. Practicamente dende o inicio da proba o atleta madrileño David Solis marcaba un forte ritmo para evitar unha chegada ao sprint, entrando vencedor con un tempo de 30.10. Por detrás, un grupo formado polos principais especialistas galegos da distancia. Completaron o podium Lolo Penas (New Balance) e Robertas Geralavicius (S.G. Pontevedra), con 30.29 e 30.31 respectivamente. Nas mulleres, fantástica unha vez mais Solange Pereira que despois da sua victoria o día anterior na milla de Berango entraba primeira con un tempo de 34.45. Segunda foi a tamén sempre loitadora Esther Navarrete (Atletismo Femenino Celta) con 34.57 e Jimena Martin (Bikila Empleados) con 35.06. Pouco despois da chegada dos últimos corredores dábase a saída a primeira das concurridas probas de menores dende xuvenís ate pitufos. Resultados absolutos – Resultados menores FOTOS