O sábado 11 de outubro de 2014, reunirase por primeira vez nesta nova lexislatura a Xunta de Goberno da FGA (Comisión Delegada e Xunta Directiva). Nesta xuntanza trataranse asuntos ordinarios,
entre outros: calendario, normativa de licenzas, homologación de records ou sedes dos campionatos da seguinte tempada, que serán sometidos posteriormente á Asemblea Xeral.
Serán varias as persoas e entidades que debuten nestas importantes responsabilidades do atletismo galego. Na Comisión Delegada o Atletismo Riazor Coruña; Comesaña Sporting Club; Eladio Gómez (Atletas) e Mª del Carmen Torres (Xuíces). Por parte da Xunta Directiva, serán novedades ); Fernando Míguez (Sada) e tamén Carmela Torres (xuíces). A todos eles, xunto ao resto dos integrantes, desexamoslles o mellor dos éxitos. (Click aqui para consultar a Xunta Directiva e Comisión Delegada)